InicioSucesosUn morto e sete feridos nunha colisión frontal entre dous turismos en...

Un morto e sete feridos nunha colisión frontal entre dous turismos en Covelo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller morreu e outras sete persoas resultaron feridas de diferente consideración tras unha colisión frontal entre dous turismos rexistrada a última hora da tarde deste martes dentro do termo municipal de Covelo.

O accidente produciuse sobre as 20.00 horas á altura do quilómetro 11 da estrada PO-261 cando dous turismos chocaron de maneira frontal por causas que están a ser investigadas, segundo informaron a Europa Press fontes dos Bombeiros de Ponteareas.

Nun dos vehículos viaxaba un matrimonio de avanzada idade coa súa neta, mentres que o outro turismo implicado na colisión ía ocupado por cinco persoas.

Como consecuencia do accidente, unha muller de idade avanzada faleceu practicamente no acto. Ademais, outros sete persoas resultaron feridas de diversa consideración, segundo informou o 112 Galicia.

Ao lugar acudiron efectivos dos Bombeiros de Ponteareas, que procederon a excarcerar o corpo sen vida da muller unha vez que se autorizou o levantamento do cadáver. Así mesmo, trasladáronse facultativos de Urxencias Sanitarias, efectivos de Protección Civil de Oitavén-Tea e axentes da Garda Civil, que se fixo cargo das investigacións para tratar de determinar as circunstancias nas que se produciu a colisión.

Tamén se deu traslado do sucedido ao Grupo de Intervención Psicolóxica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia por se fose necesaria a súa intervención para atender ás vítimas e os seus achegados.

ÚLTIMAS

Miles de persoas paralizan o centro de Vigo nas protestas centrais de sindicatos: “Non vivimos só para traballar”

Miles de persoas manifestáronse na mañá deste xoves 1 de Maio en Vigo, cidade...

Xa se permite o baño en todas as praias viguesas excepto na Foz tras a parada da depuradora polo apagamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello xa permite o baño en todas as...

A morte dun home de 45 anos obriga a pechar un supermercado en Nigrán

Un home de 45 anos, veciño de Nigrán, perdeu a vida este mércores no...

Vigo acollerá este xoves as protestas centrais de sindicatos polo 1 de maio co foco posto en rebaixar a xornada

Sindicatos volverán saír á rúa en Galicia este xoves 1 de maio, Día Internacional...