InicioVigo e contornaO PorriñoInvestigan un home que conducía borracho e outro sen carné no Porriño

Investigan un home que conducía borracho e outro sen carné no Porriño

Os dous condutores enfróntanse ás responsabilidades penais derivadas dun presunto delito contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous homes están a ser investigados penalmente pola Garda Civil despois de ser sorprendidos polos axentes na estrada EP-2401 a madrugada do xoves sen carné de conducir e un deles baixo os efectos do alcol.

Segundo informaron os axentes nun comunicado, os dous son veciños de Porriño e foron interceptados na estrada que une esta localidade con Mosende. Ao primeiro déronlle o alto ás 00,30 horas e os axentes descubriron que o mozo de 28 anos nunca obtivera o carné de conducir.

Dúas horas máis tarde, na mesma estrada, a Garda Civil parou a outro home de 30 anos ao que lle retiraron o carné pola perda total de puntos e que, ademais, estaba a conducir baixos os efectos do alcol.

A Garda Civil explicou que en ambos os casos, os dous condutores enfróntanse ás responsabilidades penais derivadas dun presunto delito contra a seguridade viaria que levan penas asociadas de prisión de 3 a 6 meses, multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

Pola súa banda, o segundo condutor enfróntase tamén a unha sanción administrativa de 500 a 1000 euros e a detracción de 4 a 6 puntos do permiso por conducir baixos os efectos de bebidas alcohólicas.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...