InicioSucesosMorre un motorista de 38 anos nun accidente no Rosal

Morre un motorista de 38 anos nun accidente no Rosal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista de 38 anos, S.P.M., faleceu este sábado nun accidente de tráfico na estrada PO-552, á altura do municipio pontevedrés do Rosal.

Foi ás 19,38 horas da pasada tarde cando a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu unha chamada alertando dunha colisión entre un turismo e unha motocicleta, na estrada que une Baiona e A Guarda, no punto quilométrico 40.

Ata a zona desprazáronse os profesionais sanitarios da PAC da Guarda, un helicóptero medicalizado con base en Santiago e unha ambulancia de soporte vital básico para tratar de salvarlle a vida, pero só puideron certificar a morte do home no punto do suceso.

O 112 Galicia, pola súa banda, pediu tamén a colaboración do GES da Guarda, os voluntarios de Protección Civil da localidade e avisaron aos Bombeiros do Porriño, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

Ao lugar do accidente tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico para regular a circulación e garantir a seguridade mentres os efectivos de emerxencias asistían ás persoas implicadas.

Do mesmo xeito, solicitouse a intervención do persoal de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de recuperar as condicións de seguridade na vía.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...