InicioSucesosDetido o líder dunha banda á que se lle atribúen case 20...

Detido o líder dunha banda á que se lle atribúen case 20 roubos na contorna de Vigo

Os seus obxectivos eran chalés das zonas de Canido, Oia, Saiáns e Redondela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As investigacións de Garda Civil e Policía Nacional permitiron deter un cidadán de nacionalidade albanesa, suposto xefa dun grupo criminal ao que se lle atribúen polo menos 17 roubos cometidos en vivendas de Vigo e a súa contorna.

Segundo informou a Policía Nacional, a alerta saltou cando se disparou o número de roubos cometidos en chalés das zonas de Canido, Oia, Saiáns e Redondela, os pasados meses de xaneiro e febreiro.

En todos os roubos, os autores marcaban previamente as vivendas como futuros obxectivos, e esperaban a última hora da tarde ou primeira da noite para forzar os accesos dos chalés que estaban baleiros. Unha vez dentro, levaban caixas fortes, pezas de alta xoiaría, reloxos, pezas de arte, diñeiro ou artigos electrónicos, chegando a levar botíns que superaban os 30.000 euros.

Esta banda criminal, que cambiaba periodicamente os seus lugares de actuación para eludir a presión policial, tiña a súa base de operacións no municipio pontevedrés da Estrada.

Tras intercambiar información coa Garda Civil, a Benemérita localizou un dos integrantes do grupo, o suposto xefe, que foi detido. No rexistro da vivenda do sospeitoso atoparon algúns dos efectos subtraídos nos roubos cometidos en Vigo.

O detido ten un gran número de antecedentes policiais e, ademais, cónstalle unha prohibición de entrada no espazo Schengen emitida por Hungría, así como dúas prohibicións de saída do territorio estatal. As actuacións policiais foron postas a disposición do xulgado de instruccón 2 da Guarda (e postas en coñecemento do xulgado de instrución 5 de Vigo).

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...