InicioVigo e contornaRedondelaInvestigado un home por denunciar o falso roubo do seu coche tras...

Investigado un home por denunciar o falso roubo do seu coche tras ter un accidente

As dilixencias da Garda Civil determinaron que "posiblemente denunciara o seu roubo para tratar de eludir as responsabilidades que puidese ter como consecuencia do accidente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente un veciño de Redondela por unha simulación de delito, despois de denunciar o falso roubo do seu coche, que el mesmo accidentara, e para eludir posibles responsabilidades no sinistro.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, as investigacións comezaron o pasado 22 de abril, cando unha patrulla do destacamento de Tráfico do Porriño localizou un vehículo accidentado, que se precipitou desde unha ponte na PO-253, no termo municipal de Ponteareas.

O vehículo pertence a un individuo, “con amplos antecedentes policiais“, que denunciou o seu roubo na Comisaría de Policía Nacional de Vigo, despois de que se produciu o sinistro.

As dilixencias da Garda Civil determinaron que o denunciante conducía o coche no momento do accidente e que “posiblemente denunciara o seu roubo para tratar de eludir as responsabilidades que puidese ter como consecuencia do accidente”. As dilixencias instruídas por esta suposta simulación de delito foron notificadas ao xulgado de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...