InicioSociedadeDetido un home de 61 anos por atracar unha farmacia a punta...

Detido un home de 61 anos por atracar unha farmacia a punta de navalla

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un home de 61 anos de idade, sen domicilio coñecido, como presunto autor dun intento de atraco nunha farmacia. Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar a pasada tarde, cando o 091 recibiu un aviso por un intento de atraco nunha farmacia. Unha patrulla que se atopaba preto dirixiuse á zona e, polo camiño, foi requirida por un home que lles facía acenos.

Esta persoa indicou aos axentes que estaba a seguir a un individuo que acababa de tentar cometer un atraco e fixo indicacións aos policías para que puidesen interceptalo. Finalmente, os funcionarios localizaron ao sospeitoso, e ao cachealo descubriron que levaba unha navalla oculta entre as súas roupas.

Segundo relatou unha empregada da botica, estaba a atender a zona de público cando un home se lle achegou ameazándoa cunha navalla, mentres lle esixía que lle entregase todo o diñeiro. Ela tratou de explicarlle que non podía abrir a caixa polo sistema que ten.

Nese momento, un compañeiro de traballo que se atopaba no almacén achegouse e o atracador fuxiu do lugar á carreira, perseguido por ese empregado. O sospeitoso foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se comprobou que lle constan 19 antecedentes, varios deles por roubo con intimidación. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de garda.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...