InicioSucesosInvestigan a morte dun bebé de Ponteareas que ingresou no Álvaro Cunqueiro...

Investigan a morte dun bebé de Ponteareas que ingresou no Álvaro Cunqueiro logo de atragoarse

O cativo tiña marcas no corpo que os pais atribuíron feito de que tentaron realizarlle manobras cando se atragoou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os xulgados investigan a morte dun bebé, duns 5 ou 6 meses, dunha familia de Ponteareas, que ingresou grave no Hospital Álvaro Cunqueiro este fin de semana logo de atragoarse e que faleceu no centro hospitalario.

Fontes da investigación trasladaron que foron os sanitarios os que, ao decatarse de que o bebé tiña marcas no corpo e seguindo os protocolos para estes casos, deron aviso ao xulgado e ás forzas policiais.

As mesmas fontes indicaron que os pais atribuíron ditas marcas ao feito de que tentaron realizarlle manobras cando se atragoou, para evitar que se asfixiase. En todo caso, será a autopsia, cuxa realización se prevé para este luns, a que determine as circunstancias da morte do bebé.

Inicialmente, o caso recaeu no xulgado de instrución número 1 de Vigo, en funcións de garda, xa que o falecemento se produciu no hospital Álvaro Cunqueiro. No entanto, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informaron de que o xulgado vigués inhibirase este mesmo luns en favor do xulgado de instrución de Ponteareas, de onde é a familia.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...