InicioVal MiñorGondomarDenunciado un mozo fuxido tras un accidente cun quad en Gondomar que...

Denunciado un mozo fuxido tras un accidente cun quad en Gondomar que saíu por estar “angustiado en casa”

O home chocara cunha furgoneta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil localizou un condutor dun quad que se deu á fuga despois de sufrir un accidente de circulación ao chocar cunha furgoneta no municipio de Gondomar. O home alegou que saíra dar unha volta, pese ao confinamento polo estado de alarma, ao estar “angustiado en casa”.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións iniciáronse cando tivo noticia dun accidente de circulación ocorrido este mércores nunha estrada secundaria da parroquia de Vincios, no municipio de Gondomar, no que unha furgoneta tivo danos materiais ao chocar cun quad que se deu á fuga.

Unhas dúas horas despois do accidente, efectivos do Posto da Garda Civil localizaron o condutor do quad nas inmediacións do seu domicilio, a uns tres quilómetros do lugar do accidente.

O vehículo, indicaron as mesmas fontes, “presentaba a primeira ollada evidentes signos de chocar coa furgoneta” e o condutor, que dixo saíra para dar unha volta polo monte porque se “sentía angustiado en casa”, alegou que se deu á fuga porque circulaba sen casco e, ademais, non tiña pasada a ITV.

O condutor foi identificado como un mozo de 24 anos, veciño do mesmo termo municipal que, ademais de enfrontarse a unha serie de responsabilidades penais e/ou administrativas por abandonar o lugar do accidente e circular sen caso e sen a ITV, tamén foi denunciado por non respectar as restricións de circulación impostas polo real decreto que regula o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria polo COVID-19.

ÚLTIMAS

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...

Vigo acende este sábado o seu Nadal con 12 millóns de luces

Vigo acenderá este sábado as luces de Nadal ás 20.00 horas baixo a árbore...