InicioSucesosUnha muller de 86 anos foi evuacuada ao hospital logo de caer...

Unha muller de 86 anos foi evuacuada ao hospital logo de caer no seu domicilio sen poder moverse

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén interveu, na noite do luns, nun episodio similar, neste caso, debido a que un mozo sufrira unha crise epiléptica e non respondía as chamadas dun amigo.

PUBLICADO O

Efectivos da Policía Local de Vigo e do servizo de bombeiros da cidade rescataron a unha veciña de 86 anos de idade, que sufrira unha caída no seu domicilio e non era capaz de levantarse, tras ser alertados por unha familiar da muller.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na tarde deste luns, cando unha veciña de Gondomar alertou ao 092 porque non lograba contactar coa súa curmá, de 86 anos de idade, e veciña da cidade olívica.

Esta familiar desprazouse á cidade e, en compañía de axentes da Policía Local, acudiu ao piso da súa curmá, na rúa Torrecedeira, pero os intentos por abrir a porta resultaron infrutuosos. A muller tiña a certeza de que a súa curmá estaba no interior da vivenda, pechada con chave, polo que se solicitou a presenza de bombeiros que, cunha escaleira, lograron entrar pola xanela no piso e abrir a porta.

Unha vez no interior, os axentes comprobaron que a muller estaba tendida no chan, consciente pero sen poder moverse, e requiriuse unha ambulancia, que a trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ATAQUE EPILÉPTICO

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén interveu, na noite do luns, nun episodio similar, neste caso, debido a que un mozo sufrira unha crise epiléptica e non respondía as chamadas dun amigo.

Cando os axentes chegaron ao domicilio, xa estaba alí unha ambulancia do 061, pero non puideran atender ao mozo, F.A.A.S., de 21 anos de idade, porque este non atendía aos requirimentos de abrir a porta.

Finalmente, logrouse contactar co mozo, que se atopaba no domicilio pero estaba desorientado e cunha forte dor de cabeza, e déronselle indicacións para que entregase as chaves da súa casa aos policías, a través da xanela dun veciño.

Os sanitarios atendérono no lugar, ata onde se desprazou o seu irmán, e finalmente non foi necesario o seu traslado a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...