InicioSucesosDetido un home cunha orde de procura tras saltar un control na...

Detido un home cunha orde de procura tras saltar un control na AG-57

Desde a Delegación organizouse tamén a actuación do Servizo de Defensa contra Incendios "para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde".

PUBLICADO O

Un home de 23 anos domiciliado na Ramallosa, en Nigrán, ao que lle constaba unha orde xudicial de procura, personación e detención, foi arrestado tras saltar un control na AG-57 á altura de Baiona e conducir sen dispor do correspondente permiso.

Ademais, este home e o seu acompañante, un home de 37 anos residente en Gondomar, foron denunciados por infrinxir o confinamento derivado do estado de alarma, segundo precisou nun comunicado a Garda Civil.

Aínda que os axentes deron o alto, o condutor non se detivo e fuxiu no coche a gran velocidade ata a primeira saída da autoestrada, onde chocou levemente contra o vehículo doutra patrulla que tentaba evitar a fuga.

Así, o turismo se reincoporou á autoestrada en dirección Baiona e, tras circular durante varios quilómetros, omitir as ordes dos axentes e tentar embestir contra as súas motocicletas, chocou contra os elementos de sinalización e protección da peaxe de Sabarís, en Baiona.

Posteriormente, os ocupantes do vehículo fuxido, que resultaron ilesos, foron detidos. Ademais, tras comprobar a documentación do condutor, os axentes observaron que carecía do correspondente permiso, así como que lle constaba unha orde xudicial de procura, personación e detención. Así mesmo, o coche carecía do seguro obrigatorio, non pasara a inspección técnica e presentaba deficiencias nas súas condicións técnicas.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...