InicioVigo e contornaO PorriñoUn accidente acaba cun coche no medio das vías do tren no...

Un accidente acaba cun coche no medio das vías do tren no Porriño

O condutor saíu ileso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home protagonizou un accidente no que se saíu da estrada co seu vehículo e caeu sobre as vías do tren na pasada noite de sábado no concello do Porriño.

Os feitos ocorreron preto das 21,00 horas da noite, cando un coche que circulaba á altura da rotonda de Atios, nese municipio, tivo un accidente no que acabou sobre as vías do tren.

O condutor saíu ileso, de feito foi el mesmo quen avisou os servizos de emerxencias sobre o que ocorrera e pediu axuda. Na súa chamada asegurou que se atopaba ben, pero que o vehículo quedara no medio da vía.

Enseguida, desde o 112 púxose en alerta ao persoal de Adif, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.

Unha vez alí, os axentes da policía local confirmaron que a persoa accidentada saíra do vehículo polo seu propio pé, aínda que decidiron que interviñesen os profesionais sanitarios para valorar o seu estado.

Por este motivo, o servizo de urxencias desprazouse en ambulancia ata o lugar e trasladaron o condutor ao centro sanitarios para realizar unha valoración.

No punto do accidente tamén se atoparon os bombeiros do Porriño que, xunto a un guindastre, retiraron o coche das vías do tren. Mentres tanto, os técnicos de Adif tiveron que cortar a tensión das vías para executar a manobra de retirada do vehículo.

Sobre as 00,00 horas, o persoal de Adif comunicou ao 112 Galicia que a circulación férrea quedara totalmente restablecida.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...