InicioSociedadeA Deputación de Pontevedra concede a Tui case 3 millóns de euros...

A Deputación de Pontevedra concede a Tui case 3 millóns de euros para axudar aos afectados de Paramos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado provincial Carlos Font, que este sábado participou no gabinete de crise pola explosión rexistrada en Tui, instou ao alcalde a “que dea prioridade ás necesidades das persoas afectadas á hora de investir as partidas económicas da Deputación”.

Respecto diso, a través dunha nota de prensa, o organismo provincial destaca que “o goberno de Carmela Silva pon a disposición do Concello de Tui case 3 millóns de euros en axudas da Deputación de Pontevedra para a traxedia de Paramos“.

“É cuestión de vontade”, subliñou o deputado provincial, quen trasladou á plataforma de afectados “total dispoñibilidade” do goberno provincial “para adecuar os fondos dos plans da Deputación ás consecuencias da traxedia”.

Explosión de Tui / Miguel Núñez

Neste sentido, Font sinalou que do Plan Concellos 2017 o goberno de Tui “ten aínda sen executar un total de 735.881 euros que pode destinar á catástrofe”.

Tamén instou ao rexedor a “que utilice os fondos da Liña 1 do Plan de 2019, dotado para Tui con case 740.000 euros”, diñeiro que, segundo apunta, “precisamente adiantouse a este ano por se algún concello tiña emerxencias ou necesidades pensadas nun principio ao amparo dos danos da vaga de incendios, pero que tamén podería utilizar para paliar as necesidades causadas por esta traxedia”.

O deputado provincial animou ao alcalde a utilizar estas axudas, que o organismo cuantifica “en total en 2.727.982 euros”. “É o goberno municipal quen ten que marcar as prioridades dos seus veciños no modelo de respecto á autonomía municipal que defende o goberno da nova Deputación”, resolve o comunicado.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...