InicioSucesosUnha investigación iniciada en Tui desarticula un grupo dedicado a clonar cartóns...

Unha investigación iniciada en Tui desarticula un grupo dedicado a clonar cartóns bancarios

A organización funcionaba dende Lleida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou en Lleida unha organización que se dedicaba a clonar cartóns bancarios, e detivo a tres persoas de orixe camerunesa, no marco dunha investigación realizada por axentes do equipo de Policía Xudicial do Instituto Armado en Tui.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación comezou cando se detectou, por parte de efectivos do posto de Salvaterra, unha persoa que fora vítima deste grupo, e á que clonaran o seu cartón bancario.

Ao longo do últimos tres anos, e baixo a tutela dun xulgado de instrución de Ponteareas, a Garda Civil desenvolveu as pescudas da bautizada como ‘Operación Heredia’, e logrou identificar e deter os tres responsables deste grupo criminal.

Os investigados facíanse cos cartóns e clonábanos para comprar billetes de avión, tren e autobús, que posteriormente revendían a un prezo inferior, especialmente a persoas sen arraigamento dentro do territorio estatal. Con este modus operandi, os detidos lograron unhas ganancias duns 120.000 euros, aínda que a investigación non está pechada e a fraude pode ser maior.

As pescudas culminaron a pasada semana, cando efectivos de Policía Xudicial de Tui se desprazaron a Lleida e, co apoio de axentes desa cidade, practicaron varios rexistros nos domicilios dos implicados. Alí incautáronse de abundante material informático e documentación relacionada coa actividade desta organización.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...