InicioSucesosDeteñen en Mos a dous homes por tráfico de drogas

Deteñen en Mos a dous homes por tráfico de drogas

Dous homes, veciños do Porriño e Vigo, foron detidos o pasado xoves en Mos por tráfico de estupefacientes e que levaban máis de 60 gramos de distintas sustancias escondidos no coche, ademais de diñeiro e útiles para a distribución e venda de droga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous homes, veciños do Porriño e Vigo, foron detidos o pasado xoves en Mos por tráfico de estupefacientes. Levaban máis de 60 gramos de distintas sustancias agochados no coche, ademais de diñeiro e útiles para a distribución e venda de droga.

Os feitos ocorreron durante a madrugada, cando unha patrulla da Garda Civil identificou os ocupantes dun vehículo que estaba estacionado nas inmediacións dun bar do municipio. Ambos portaban pequenas cantidades de estupefacientes e algo máis de 600 euros en billetes fraccionados.

Durante o rexistro do vehículo, os axentes atoparon un calcetín escondido na base da panca de cambios con seis bolsas de plástico, que contiñan algo máis de 60 gramos de distintas sustancias estupefacientes (cocaína, heroína e haxix).

Os detidos levaban tamén unha báscula de precisión e unha mochila onde gardaban os utensilios para a preparación e empaquetado das doses, ademais de varios teléfonos móbiles e un taco de papeis de aluminio perfectamente cortados e adaptados para usar.

Os dous ocupantes do vehículo, un deles veciño de Vigo, de 47 anos e o outro con domicilio no Porriño, de 45, foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes. Pasaron a disposición do Xulgado de Instrución de garda do Porriño, que decretou a súa liberdade provisional.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...