InicioSucesosBarcos e helicópteros buscan ao mariñeiro desaparecido do Marsua J naufragado nas...

Barcos e helicópteros buscan ao mariñeiro desaparecido do Marsua J naufragado nas Cíes

Renovan o operativo de procura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de procura e emerxencias, coordinados polo centro de Salvamento Marítimo de Vigo, dependente do Ministerio de Transportes, renovaron á primeira hora deste martes as tarefas de procura de patrón do pesqueiro ‘Marsua J’, afundido o luns en Cíes.

En concreto, segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, na zona atópanse realizando os labores de busca a patrulleira Río Guadalupe (Garda Civil), a embarcación Punta da Guía (Gardacostas de Galicia), e a Salvamar Mirach e o Buque Sar Gavia (Salvamento Marítimo), así como pesqueiros locais.

A maiores, e se o tempo o permite, rastrexarán a zona os helicópteros Pesca I e Helimer 213, en períodos alternos, e incorporaranse aos labores membros do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS).

Para esta xornada, a procura do patrón do ‘Marsua J’ realizarase nunha área que delimita un rectángulo ao redor das Illas Cíes, limitado ao norte por Cabo Couso, ao sur por Baiona e ao leste pola Illa de Toralla. Cara ao oeste, estenderase dúas millas.

O ‘Marsua J’, así como o cadáver dun dos seus tripulantes, foi atopado quilla ao sol entre as illas Norte e Sur de Cíes na tarde deste luns polos efectivos que saíran a buscalo.

En concreto, o cadáver e os restos da embarcación foron localizados sobre as 17,20 horas, por parte do helicóptero Pesca 1. O corpo foi recuperado pola Salvamar Mirach e trasladado a terra por unha patrulleira da Garda Civil. Aínda se busca ao outro ocupante, o patrón do pesqueiro.

A confraría de Baiona foi a que deu o aviso ás 16,15 horas ante a falta de noticias deste barco –no que viaxaban o patrón e un tripulante–, que estivo a faenar ao oeste das Cíes.

Loito e pesar no Val Miñor

O Concello de Nigrán emitiu un comunicado no que anuncian a suspensión das súas actividades festivas e culturais previstas mentres continuen os labores de busca do patrón e veciño de Panxón.

Gondomar e Baiona, tamén emitiron sendos comunicados anunciando que suspendían os actos festivos do martes e mércores de entroido en sinal de loito.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...