InicioSucesosConclúe a investigación polo atropelo a 11 ciclistas na Guarda

Conclúe a investigación polo atropelo a 11 ciclistas na Guarda

"Todo apunta" a que o procesado, de 90 anos de idade, realizou un "posterior atropelo múltiple" ao arroiar sucesivamente a once ciclistas, continuando a súa traxectoria recta sen cambiar de dirección, e provocando a morte de dous deles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, Lidia Grandal, dá por concluídas as dilixencias de investigación polo atropelo a un pelotón de ciclistas ocorrido en marzo de 2016 na Guarda, nun auto no que apunta que hai “indicios bastantes” da responsabilidade do único procesado.

Así, no auto xudicial, a xuíza indica que “con toda probabilidade”, sobre as 11,00 horas do día 12 de marzo de 2016 Manuel Benito A.L., que naquel momento (fai dous anos) contaba con 88 anos de idade, conducía un vehículo pola estrada PO-552 Vigo-Tui.

Nese percorrido, “nun tramo con boas condicións de visibilidade e meteorolóxicas, non advertiu a presenza de 14 ciclistas que circulaban pola marxe dereita da vía na súa senda ciclable e correctamente, en columna de dous en dous en forma paralela e os dous últimos en ringleira de un”.

Tal e como sinala na resolución, “todo apunta” a que o procesado despois de pasar aos dous que circulaban de últimos, “realizou un posterior atropelo múltiple ao arroiar sorpresiva e sucesivamente aos seguintes, continuando a súa traxectoria recta sen cambiar de dirección“.

Como resultado do acontecido, faleceron dous dos ciclistas, José Antonio C.P. e Diego F.F., e nove resultaron lesionados, Juan Antonio Vilán, Jorge S.A., Fernándo A.V., Miguel A.F., Javier Pablo G.L., Jorge A.E., Rubén F.V., Carlos Manuel P.F., e Carlos V.O.

Por todo iso, a maxistrada considera que os feitos poden ser constitutivos de dous delitos de homicidio e nove delitos de lesións, en todos os casos por imprudencia grave.

 

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...