
O veciño do Porriño (Pontevedra) desaparecido o pasado 4 de xaneiro cando saíu de traballar, Francisco Germán Sánchez Sueiro, foi localizado, en bo estado, en Santiago de Compostela.
Así o confirmaron fontes familiares a Europa Press, que sinalaron que o home, de 47 anos de idade, está ben, aínda que non dispoñen de máis información acerca dos motivos polos que se ausentou.
A familia deste vigués, que vive e traballa no Porriño, denunciou a súa desaparición no cuartel da Garda Civil de Torneiros despois de que non volvesen saber del desde o 4 de xaneiro.
Francisco Germán quedara ese día cuns amigos despois de traballar, pero non se presentou á cita. Despois dun par de días sen saber nada del, foron ao seu domicilio e, ao non localizalo, deron a voz de alarma.