InicioSucesosUn home ferido nun monte de Mondariz tras caerlle unha árbore sobre...

Un home ferido nun monte de Mondariz tras caerlle unha árbore sobre as pernas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido este sábado en Mondariz tras caerlle unha árbore sobre as súas pernas cando se atopaba no monte, na zona de Toutón.

Segundo información do 112 Galicia, foi a nai do propio afectado quen chamou á central de emerxencias sobre as 14,15 horas para indicar que lle caeu unha árbore enriba e que estaba ferido, pero non atrapado.

Con estes datos, o 112 avisou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Ponteareas, aos do Baixo Miño, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.

Unha vez no punto, a persoa foi liberada sen que fose necesaria a intervención dos bombeiros, tal e como o indicaban os efectivos de Protección Civil.

Tras iso, o persoal sanitario do 061 encargouse do traslado do ferido ata o centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...