InicioSucesosAtopan 500 quilos de pólvora nun galpón en Tui que poderían provocar...

Atopan 500 quilos de pólvora nun galpón en Tui que poderían provocar outra catástrofe

As forzas da orde non descartan que se atopen novos puntos ilegais de almacenamento de material pirotécnico na zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Guarda Civil interveu esta fin de semana outro almacén clandestino con 500 quilos de pólvora e outros 100 quilos de material pirotécnico relacionados co responsable da pirotecnia ‘La Gallega’ que está a ser investigado pola explosión rexistrada nun almacén ilegal de Paramos, Tui (Pontevedra), que o pasado mércores deixou dúas persoas mortas.

Así, segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación, o depósito ilegal de material pirotécnico intervido este sábado na parroquia de Baldráns podería non ser o único que o investigado ten na zona; polo que é posible que se produzan novas actuacións nas próximas horas.

Deste xeito, un total de 500 quilogramos de pólvora foron requisados e trasladados a un almacén pirotécnico para a súa posterior destrución. Ademais, os axentes do Instituto Armado tamén retiraron outros 100 quilogramos de material preparado.

Este material atopábase almacenado en bidóns nunha leira de Baldráns situada a uns 100 metros das instalacións da pirotecnia ‘La Gallega’, propiedade do investigado por homicidio imprudente como presunto responsable da explosión rexistrada en Tui o pasado mércores.

Sobre este almacén pesa unha orde do xulgado contencioso administrativo número 1 de Pontevedra, que leva meses requirindo ao Concello de Tui que execute unha sentenza de 2014 que anula as licenzas de actividade e obra da pirotecnia La Gallega situada en Baldráns. O último requirimento é do pasado 3 de maio, cando se dá un prazo de 10 días ao Concello para que remita as actuacións que está a levar a cabo para dar cumprimento a esa sentenza.

Efectos da explosión da pirotecnica de Tui / Miguel Núñez

INVESTIGADO

A xuíza de Instrución número 1 de Tui (Pontevedra) decretou o pasado venres a posta en liberdade de F.G.L., o dono da pirotecnia La Gallega, detido o pasado mércores após a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico.

Este home mantén a súa condición de investigado polos suposto delitos de homicidio imprudente, danos imprudentes e lesións imprudentes e deberá comparecer os días 1 e 15 de cada mes.

Ademais, impútaselle o delito de risco catastrófico na modalidade de delito de risco provocado por explosivos e outros axentes, engadiron fontes xudiciais. A saída dos xulgados após a súa posta en liberdade, o letrado do investigado expresou a vontade do seu defendido de “colaborar coa Xustiza” e sinalou que, na súa declaración, F.G.L. admitiu que almacenaba na vivenda da parroquia de Paramos material para fabricar explosivos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...