InicioSucesosDeteñen ao responsable dun punto negro de venda drogas en Vigo con...

Deteñen ao responsable dun punto negro de venda drogas en Vigo con nove antecedentes por arrestos semellantes

Na operación policial foron intervidas 121 dose de heroína e diñeiro en efectivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un punto negro de venda de drogas situado en Vigo foi desarticulado mediante a detención do seu presunto responsable, un home de 44 anos residente na cidade ao que se lle interviñeron 121 dose de heroína e diñeiro en efectivo no marco da operación.

Segundo trasladaron fontes policiais, as investigacións iniciáronse en novembro, cando os axentes tiveron coñecemento da posible existencia dun punto negro de venda de drogas nas inmediacións de Bouzas-Beiramar.

Deste xeito, comprobaron que “a trasfega de toxicómanos na zona era constante, o que puña en risco a seguridade dos veciños”. Tamén observaron que os compradores esperaban en puntos determinados do barrio por un home co que realizaban un rápido intercambio para, a continuación, abandonar o lugar.

Ademais, debido a que este home tomaba diversas medidas de seguridade cando contactaba con potenciais clientes, estableceuse un amplo dispositivo con varios axentes situados nas inmediacións da zona.

ACTUACIÓN POLICIAL

Posteriormente, este xoves de madrugada, os funcionarios detectaron a este home mentres se dirixía a realizar unha venda e abordárono. Así, realizáronlle un cacheo preventivo mediante o que lle inteceptaron as doses de heroína e o diñeiro en efectivo.

Por estes motivos, foi detido e trasladado a dependencias policiais. Unha vez en Comisaría, comprobouse que contaba con oito antecedentes, dos que varios se correspondían con feitos similares aos que motivaran a súa detención. Finalmente, o detido e todo o actuado pasaron a disposición do Xulgado de Instrución de Vigo en funcións de garda.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...