InicioSucesosCinco persoas feridas nun accidente entre tres vehículos en Redondela

Cinco persoas feridas nun accidente entre tres vehículos en Redondela

Un dos vehículos chocou con outro e derrapou, levando por diante a un terceiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de cinco persoas resultaron feridas debido a unha colisión producida en Redondela na tarde deste domingo con tres vehículos implicados.

Segundo informa o 112, todo ocorreu sobre as 16,00 horas, cando un particular informou do choque entre dous turismos na N-550 en Quintela, concretamente na curva pasando o tanatorio.

De acordo co relato do alertante, indica o centro de emerxencias, un dos vehículos chocou con outro e derrapou, levando por diante a un terceiro. Así, ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil da localidade.

Debido ao impacto, pola estrada quedou esparexida unha mancha de combustible procedente dos coches implicados. Por iso, o 112 solicitou a intervención do servizo do mantemento da vía.

ÚLTIMAS

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...

O BNG destaca a “participación veciñal” nas súas 223 emendas “sociais” aos orzamentos locais

O BNG de Vigo rexistrou 223 emendas, elaboradas con participación veciñal, ao proxecto de...

Eiras ten auga de calidade ata o 26 de novembro, a partir de aí “pode haber incidencias”, segundo Caballero

alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu alertar este luns do baixo nivel de ocupación...