InicioSucesosIncautan 60 litros de viño que se vendían de modo fraudulento en...

Incautan 60 litros de viño que se vendían de modo fraudulento en Gondomar

Os envases carecían das etiquetas e marcas fiscais necesarias para verificar a súa rastrexabilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil incautouse de 60 envases de distintos tamaños que contiñan 40 litros de viño e 20 de augardente e licores de fabricación artesanal que se comercializaban dun modo fraudulento nun bar de Gondomar.

En concreto, a actuación foi levada a cabo no marco dunha inspección rutinaria realizada no establecemento para comprobar o cumprimento da normativa fiscal e de sanitaria da mercadoría diposta para a súa venda, segundo trasladou a Garda Civil.

Durante a inspección, os axentes observaron que os envases carecían das etiquetas e marcas fiscais necesarias para verificar a súa rastrexabilidade.

Así, o propietario do local foi denunciado polas infraccións administrativas correspondentes á ausencia de precintas fiscais nas bebidas e ao incumprimento da lei de protección de persoas consumidoras e usuarias. Esta última denuncia relaciónase co risco que podería supor a venda de bebidas de orixe descoñecida.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...