InicioSucesosO Concello de Tui decreta tres días de loito polas vítimas: dous...

O Concello de Tui decreta tres días de loito polas vítimas: dous falecidos e 37 feridos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui decretou tres días de loito polas vítimas da explosión dun lugar onde se almacenaba de modo ilegal material pirotécnico. Así o confirmou, en declaracións a Europa Press, o alcalde da localidade, Carlos Vázquez Padín, quen concretou que os días de loito comezan este xoves.

Ademais, as bandeiras da Deputación de Pontevedra ondean a media hasta desde a mañá deste xoves en sinal de duelo polas vítimas da explosión en Tui, debido á que faleceron dúas persoas e 37 resultaron feridas.

Un veciño apagando os lumes / Miguel Núñez

De feito, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, desconvocou este xoves a súa axenda oficial para “seguir e coordinar o operativo que traballa no lugar da explosión”, informou a institución provincial nun comunicado, após o gabinete de crise activado desde o mércores por este suceso.

Deste xeito, ao longo da mañá deste xoves a presidenta da Deputación de Pontevedra ten previsto desprazarse de novo a Tui “para seguir os traballos dos efectivos“, engadiu a institución provincial.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, trasladou a súa solidariedade e agarimo ás vítimas e as súas familias, e apuntou que espera que estes feitos sirvan como “referencia” para manter un maior control de sectores “sensibles” como o da pirotecnia.

Así o trasladou ao ser cuestionado por estes feitos durante unha visita á feira Navalia, en Vigo, onde manifestou que ten previsto acudir a Tui ás 13:00 horas da mañá deste xoves.

Acto seguido, insistiu en que co acontecido constátase “a necesidade da inspección” e de manter baixo unha estrita supervisión todos os sectores que teñen risco de causar danos catastróficos.

 

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...