InicioSucesosUnha decena de casas, totalmente esnaquizadas pola explosión

Unha decena de casas, totalmente esnaquizadas pola explosión

O alcalde de Tui asegura que o Concello descoñecía a existencia do almacén pirotécnico na vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta estima que hai “entre 8 e 10 casas” na zona da explosión de Tui que quedaron totalmente “destruídas”, ademais doutras moitas, en áreas máis afastadas, que presentan “severas afectacións”.

Así o explicou o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios, e sinalou que estas estimacións son provisionais porque, debido á importancia dos danos, a prioridade é “asegurar” a zona para garantir a “integridade” dos servizos de rescate.

á FALTA DE CONFIRMAR A SEGURIDADE DA ZONA PARA LEVAR A CABO A PROCURA DE VÍTIMAS

A ese respecto, sinalou que os equipos de Tedax da Garda Civil (Técnicos Especializados na Desactivación de Artefactos Explosivos) están a traballar para confirmar esa seguridade, co fin de que poidan levar a cabo os labores de desescombro e a procura de posibles vítimas, labor na que cooperará tamén un equipo canino.

Ademais, a Xunta desprazou ao lugar un camión con focos e xeradores, ante a eventualidade de que estes traballos se prolonguen durante a noite. Así mesmo, Alfonso Rueda sinalou que máis de 30 bombeiros participan neses labores, entre os efectivos da provincia de Pontevedra e os que chegaron do norte de Portugal.

Explosión de Tui / Miguel Núñez

Por outra banda, sinalou que os focos de lume que se prenderon debido á virulencia da explosión foron controlados rapidamente e “non supoñen un perigo”.

DESALOXADOS

Mentres, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, sinalou que o Concello habilitou como centro de operacións o Centro Cultural de Guillarei, para acoller aos veciños que perderon as súas casas ou aqueles que non poden regresar aos seus domicilios polos danos. Desde alí, serán derivados a aloxamentos alternativos.

Con respecto á vivenda onde se produciu a explosión, o rexedor aseverou que o Concello descoñecía que houbese un almacén de material pirotécnico na devandita vivenda.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...