InicioSucesosDetido por roubar nunha obra en Baiona da que fora despedido recentemente

Detido por roubar nunha obra en Baiona da que fora despedido recentemente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Gondomar (Pontevedra), de 32 anos de idade, como presunto autor do roubo dun lote de ferramentas dunha obra na que estivera traballando e da que fora despedido recentemente.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse cando un contratista denunciou a desaparición de varias ferramentas que estaban nunha caseta dunha obra en Baiona.

Dado que a fechadura da caseta non estaba forzada, a Garda Civil centrou as pescudas na contorna laboral da obra, e así chegou ao sospeitoso, que resultou ser un traballador que fora despedido recentemente da empresa de construción.

Cando os axentes localizaron ao home, este relatou que non subtraera as ferramentas, senón que as escondeu na propia obra para vingarse do empresario polo diñeiro que lle debía.

Con todo, a Garda Civil puido comprobar que o sospeitoso levou as ferramentas á súa casa e que, ao saber que esta sendo investigado, devolvéraas para simular que estaban ocultas na obra desde o principio.

Unha vez localizados e recuperados os efectos subtraídos, o home foi detido como presunto autor do roubo. Este veciño de Gondomar foi posto en liberdade tras a instrución de dilixencias, á espera de presentarse cando sexa requirido ante a autoridade xudicial en Vigo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...