InicioSucesosFerido un menor atropelado en Vigo

Ferido un menor atropelado en Vigo

Dous menores resultaron feridos en senllos atropelos ocorridos na tarde deste mércores nos termos municipais do Barco de Valdeorras (Ourense) e de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un menor resultou ferido por atropelo e necesitou asistencia sanitaria despois de ser atropelado na rúa de Loureiro da parroquia viguesa de Cabral sobre as 19,00 horas deste mércores, apuntou o 112.

Despois da chamada dunha persoa particular, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo.

O menor ferido foi trasladado por unha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, sinalaron fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...