InicioSucesosPiden 3 anos para o rexente dun club de alterne que contratou...

Piden 3 anos para o rexente dun club de alterne que contratou de forma irregular a 28 mulleres

En total, o local contaba cun persoal de 41 traballadores, dos que só 13 estaban rexistrados na Seguridade Social e as outras 28, que exercían "funcións de alterne" e unha era bailarina, estaban contratadas en "situación irregular".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide tres anos de prisión para o administrador dun club de alterne do Porriño por contratar de forma irregular 28 mulleres que exercían a prostitución no local en 2014. Un caso que se trasladará á Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra este xoves, 3 de outubro, ás 10,00 horas.

O xestor do Restaurante-Hotel no que se produciron os feitos, BD.M.S, actuaba “coa intención de prexudicar” ás empregadas, “de infrinxir a normativa laboral” e está acusado dun delito contra os dereitos dos traballadores, polo que se lle piden tres anos de prisión, inhabilitación especial para exercer de administrador de industria ou comercio durante tres anos e unha multa de 2.700 euros, 10 euros ao día durante nove meses.

A Fiscalía acúsao de someter as prostitutas a “respectar os horarios de apertura e peche do local”, usalas para “incitar aos clientes ao consumo de copas” e ás que lles descontaba cinco euros por utilizar sábanas e entregarlles preservativos.

En total, o local contaba cun persoal de 41 traballadores, dos que só 13 estaban rexistrados na Seguridade Social e as outras 28, que exercían “funcións de alterne” e unha era bailarina, estaban contratadas en “situación irregular”.

Por todo isto, ademais da pena, o procesado deberá pagar a indemnización que corresponde polas cotas derivadas da Seguridade Social e o Ministerio Público reclama a clausura do establecemento durante cinco anos. A Fiscalía afirmou que este caso procede do Xulgado de Instrución número 2 do Porriño e que o acusado é maior de idade e conta con antecedentes penais.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...