InicioSucesosIdentificado un vigués por arrastrar polo chan cun vehículo e mallar a...

Identificado un vigués por arrastrar polo chan cun vehículo e mallar a paus un cabalo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou un veciño da cidade, M.R., de 55 anos de idade, pola súa suposta implicación nun delito de malos tratos animais, por causar lesións a un poldro da súa propiedade.

Os feitos ocorreron o pasado luns, cando varias veciñas observaron, pola Avenida do Aeroporto, un home que conducía un vehículo agrícola, do que levaba enganchados dous cabalos e un poldro.

Segundo o relato das testemuñas, nun momento dado o animal máis novo esborrallouse e o condutor, en lugar de deter a marcha, continuou e arrastrou o poldro durante varios metros.

Tras comprobar que o equino non se levantaba, detivo o vehículo e, tras apearse, golpeou cun pau o animal ata que este se incorporou.

Efectivos da Unidade Ambiental e de Intervención Rural da Policía Local localizaron o dono dos cabalos, que negou arrastrar os equinos, aínda que si admitiu que golpeara a un deles “que se tombou”, “como único medio para lograr que se incorporase”.

Os axentes comprobaron o estado do animal, e verificaron que presentaba laceracións na cella dereita, nas patas e na anca traseira dereita, compatibles cunha acción de arrastre.

Ante estas evidencias, identificaron o propietario dos cabalos, e comunicaron os feitos a Medio Ambiente, por se fosen susceptibles de sanción.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...