InicioSociedadeCondena de seis anos de cárcere por causar un incendio nunha vivenda...

Condena de seis anos de cárcere por causar un incendio nunha vivenda e pór en risco os seus veciños

Na resolución xudicial aplicouse a circunstancia atenuante de intoxicación debido a que a procesada presentaba un consumo prexudicial de alcol e de cocaína no momento dos feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a unha muller, L.B.S., a seis anos de prisión por provocar un incendio nunha vivenda da cidade olívica o 14 de xuño de 2018, que causou danos na mesma e en zonas comúns do edificio, ademais de pór en risco a integridade dos seus veciños.

A vista oral, fixada para este mércores, non tivo lugar debido a que se alcanzou un acordo de conformidade entre as partes, a Fiscalía pedía inicialmente 10 anos de prisión. Así, tras recoñecerse como responsable dun delito de incendio con grave perigo para a vida e a integridade física das persoas, a condenada verá descontado da pena o período que pasou no cárcere desde que ingresou de modo preventivo, en xuño de 2018. Ademais, decidiuse non repatriar á condenada ao seu país de orixe, Brasil, polo que continuará o cumprimento da condena en España.

Na resolución xudicial aplicouse a circunstancia atenuante de intoxicación debido a que a procesada presentaba un consumo prexudicial de alcol e de cocaína no momento dos feitos. A muller tamén deberá indemnizar ás dúas aseguradoras que asumiron os custos derivados dos danos en zonas comúns do edificio e na vivenda na que ela residía, da que non era propietaria. Deste xeito, deberá abonar 21.800 e 25.600 euros a estas entidades.

Así mesmo, indemnizará a un dos residentes no edificio, M.D.X., en máis de 1.300 euros polos danos causados no seu domicilio polo lume e pagará outros 38 euros a outra veciña, L.P.C., en concepto de gastos de limpeza.

FEITOS

Os feitos tiveron lugar despois de que esta muller amontoase varios trapos e obxectos e trapos no chan, na cociña e xunto á porta de entrada á vivenda na que residía e lles prendera lume para, a continuación, abandonar a vivenda.

Como consecuencia, as chamas causaron danos neste domicilio e en zonas comúns do edificio, mentres que o fume afectou tamén a varios pisos veciños. A actuación dos bombeiros e a Policía Local, que extinguiron o lume e desaloxaron aos residentes, permitiu que non houbese danos persoais.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...