InicioSucesosArden case 200 vehículos por un incendio en Nigrán

Arden case 200 vehículos por un incendio en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio calcinou este mércores por completo case 200 vehículos nunha empresa dedicada a reciclaxe situada no concello pontevedrés de Nigrán, pero sen causar feridos. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 1,00 horas deste mércores varias persoas particulares chamaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para alertar dun incendio no que ardían varios vehículos dun despezamento próximo ao Instituto Proval.

Por iso, os xestores de emerxencias do 112 Galicia comunicaron o sucedido aos Bombeiros do Porriño e de Vigo, aos membros do GES de Val Miñor e aos axentes da Garda Civil e Policía Local. Tamén, foron informados os servizos sanitarios de urxencia da situación.

Os Bombeiros informaron ao 112 Galicia pasados uns minutos das 2,00 horas que o incendio estaba controlado. As tarefas de extinción finalizaron ás 3,00 horas, segundo comunicárono os propios servizos de emerxencia.

Ademais, indicaron que finalmente arderan case 200 vehículos que tiña almacenados a empresa.

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...

Rueda celebra a conexión de Stellantis á rede de moi alta tensión e a “rectificación” do Goberno central

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou este luns a súa satisfacción tras o...

Detido en Gondomar tras disparar cunha arma de aire comprimido contra unha muller e atrincheirarse na súa vivenda

A Garda Civil detivo a pasada semana a un home de 52 anos no...

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...