InicioSociedadePiden pena de cárcere para un home que cobrou máis de 88.000...

Piden pena de cárcere para un home que cobrou máis de 88.000 euros da pensión dun falecido

O acusado, a pesar de ser consciente da situación, non informou á Seguridade Social da morte do home, e continuou dispondo das cantidades que se ingresaban, ata un total de 88.090,55 euros, durante eses 6 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita 3 anos de cárcere e o pago dunha multa de 89.000 euros para un home acusado dun delito contra a seguridade social, por cobrar durante 6 anos a pensión dunha persoa falecida, e que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo exponse no escrito de acusación da Fiscalía, I.C.B., figuraba como persoa autorizada para retirar diñeiro da conta dun pensionista. Aínda que o home morreu en 2010, a pensión seguiuse ingresando en dita conta ata 2016, momento en que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) verificou o falecemento.

O acusado, a pesar de ser consciente da situación, non informou á Seguridade Social da morte do home, e continuou dispondo das cantidades que se ingresaban, ata un total de 88.090,55 euros, durante eses 6 anos.

A entidade financeira que ingresou o diñeiro devolveu ao INSS a cantidade de 58.397,94 euros, correspondentes ao catro anos anteriores a ter coñecemento da morte do titular da conta; mentres que o organismo estatal reclama os 29.692,61 euros restantes.

O ministerio público acusa a I.C.B. dun delito contra a seguridade social e pide para el 3 anos de prisión, así como o pago dunha multa de 89.000 euros. Así mesmo, reclama que indemnice en 58.397,44 euros á entidade financeira (Abanca) e en 29.692,61 euros ao INSS, en ambos os casos cos intereses correspondentes.

ÚLTIMAS

Concello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu este luns luz verde ao...

Tres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos portos de Sines e Vigo

Unha investigación posta en marcha pola Polícia Judiciária de Portugal e que contou coa cooperación da...

Detectado e eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Redondela

Os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, detectaron un...

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...