InicioSucesosDetidos os integrantes dunha banda organizada dedicada ao tráfico de estupefacientes

Detidos os integrantes dunha banda organizada dedicada ao tráfico de estupefacientes

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este martes a vista de apelación polo coñecido como 'crime da rozadora' cometido na Cañiza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de seis líderes e integrantes dunha banda organizada dedicada ao tráfico de estupefacientes mediante intermediarios e locais de Vigo foron detidos durante a última semana por delitos contra a saúde pública, tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal.

Tal e como recolleu a Policía Nacional mediante un comunicado, as detencións, enmarcadas na denominada ‘Operación Corleone’, foron consecuencia dunha investigación iniciada en xaneiro deste ano tras percibir un incremento do tráfico de sustancias na cidade.

Ante esta situación, estableceuse un dispositivo de vixilancia no barrio de Teis para descubrir a vendedores e provedores de sustancias estupefacientes e informouse das distintas fases da investigación ao Xulgado de Instrución número 1 de Vigo.

Como consecuencia, levantáronse máis dunha decena de actas por tenencia e consumo de drogas procedentes de intermediarios do grupo organizado a compradores ou persoas que realizaban vendas para poder custear as súas propias adquisicións.

DETENCIÓNS

A primeira detención tivo lugar o pasado 28 de agosto, cando se detivo aos principais líderes da banda, unha parella de 43 e 49 anos de idade, coñecidos polos axentes debido a investigacións previas, ademais da outro home e a irmá da outra detida. A un dos homes interviñéronselle máis de 1.600 euros que portaba nese momento.

Durante esta actuación, tras rexistrar un domicilio e un trasteiro situados na rúa Sanjurjo Badía, os axentes interviñeron 11.500 euros en metálico, unhas 360 doses de cocaína, 2,5 quilogramos de marihuana e haxix e distintas sustancias e obxectos para preparar as doses.

Así mesmo, incautáronse de 12.300 euros en metálico, 110 dose de cocaína e distintas cantidades de haxix e marihuana nun rexistro realizado nunha vivenda da avenida de Galicia. As sustancias intervidas nestes rexistros podían alcanzar un valor de 23.600 euros no mercado ilícito.

Posteriormente, este mércores, detívose a un home de 45 anos, integrante da banda criminal e distribuidor de sustancias estupefacientes en establecementos hostaleiros de Teis, nas inmediacións do seu domicilio, situado na rúa Purificación Saavedra. Ademais, este xoves, detívose a outro home de 30 anos residente en Vigo responsable da distribución de drogas en locais da cidade.

Tamén se comprobou que estas persoas se dedicaban en exclusiva ao tráfico de drogas. Finalmente, todo o actuado e os detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo.

XUÍZO A CAÑIZA

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este martes a vista de apelación polo coñecido como ‘crime da rozadora’ cometido na Cañiza, e cuxo autor foi condenado pola Audiencia Provincial a 17 anos de cárcere por un asasinato e un homicidio en grao de tentativa.

Os feitos remóntanse a xuño de 2017, cando o procesado, J.L.V., estaba cunha rozadora acesa nun camiño que une a casa da vítima cunha leira da súa propiedade, e que era motivo de disputa entre ambos desde facía tempo.

O seu veciño e a súa filla saíron da súa casa e achegáronse a el, e J.L.V. atacoulles coa rozadora, causándolle a morte ao home e provocando lesións moi graves á súa filla.

Por estes feitos, un tribunal de xurado considerouno culpable e a Audiencia condenouno a 13 anos de prisión por un delito de asasinato e a outros 4 anos por unha tentativa de homicidio. No entanto, aplicóuselle unha eximente incompleta, por considerar que o home sufría unha “limitación parcial das capacidades psíquicas” cando cometeu os feitos.

Ademais das penas de prisión, o procesado tamén foi condenado a indemnizar á filla do falecido en 300.000 euros, e á muller en 150.000 euros, do mesmo xeito que ao seu fillo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...