InicioSucesosUn incendio nun coche obriga a cortar o túnel da A-52 de...

Un incendio nun coche obriga a cortar o túnel da A-52 de Folgoso, na Cañiza 

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio declarado nun vehículo obrigou a cortar o túnel mái longo de Galicia, o da A-52 de Folgoso, no municipio da Cañiza, en sentido Ourense.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que sinala que o suceso tivo lugar ao redor das 11,45 horas deste domingo. Un particular chamou á central de emerxencias para informar que había varios turismos parados no interior do túnel, no que había pouca visibilidade pola acumulación de fume.

O persoal do 112 puxo os feitos en coñecemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e Bombeiros de Ponteareas, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vigo.

No punto, os efectivos desprazados ao lugar comprobaron que o condutor do vehículo sufocara cun extintor as chamas. O coche xa foi retirado da vía por un guindastre.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...