InicioSociedadeIdentificado o condutor dun camión que tirou cascallos na vía pública e...

Identificado o condutor dun camión que tirou cascallos na vía pública e obrígao a retiralos

Os feitos tiveron lugar o pasado luns pola tarde, cando un veciño alertou ao 092 de que vira un camión envorcando a súa carga de plásticos e sacos de cascallos na vía pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou ao condutor dun camión e tramitou denuncia por un suposto delito ambiental, por depositar cascallos e outros residuos na vía pública. Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar o pasado luns pola tarde, cando un veciño alertou ao 092 de que vira un camión envorcando a súa carga de plásticos e sacos de cascallos na vía pública, á beira dun colector na parroquia de Bembrive.

A Policía logrou localizar ao condutor do vehículo e unha dotación trasladouse á empresa á que pertence. Como primeira medida, obrigárono a retirar os residuos que deixara, e tamén se reclamaron os albaráns da carga para verificar os permisos administrativos e trasladar os feitos a Medio Ambiente, por se procede cursar sanción por incumprir a normativa.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...