InicioSucesosDetidos dous veciños de Vigo por roubar 500 euros a un taxista...

Detidos dous veciños de Vigo por roubar 500 euros a un taxista que os recolleu en Nigrán

Durante o cacheo, os axentes atopáronlles máis de 500 euros, polo que foron detidos por un suposto delito de furto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a dous veciños da cidade, J.L.L., de 34 anos de idade, e A.F.L., de 35 anos, como presuntos autores dun delito de furto, tras subtraer uns 500 euros a un taxista.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando os dous sospeitosos se subiron ao taxi na localidade de Nigrán. Unha vez na cidade olívica, e cando os ‘clientes’ estaban a pagar a carreira, o chofer decatouse de que un deles facía un xesto cara a el, pero non lle deu importancia.

Cando os dous viaxeiros se apearon do taxi, o condutor comprobou que lle faltaban 500 euros dunha carteira que tiña aberta e que gardaba no lateral da porta esquerda do vehículo. O taxista alertou á Policía e varias dotacións do 092 iniciaron a procura dos sospeitosos na zona de Gran Vía.

Os axentes observaron a dous homes que estaban a fuxir e que coincidían coa descrición facilitada polo prexudicado. Un deles detívose ante o requirimento da Policía, pero o outro seguiu correndo.

Finalmente, o segundo sospeitoso tamén foi interceptado, a pesar de que se introduciu debaixo dun coche aparcado e de que opuxo unha gran resistencia. Durante o cacheo, os axentes atopáronlles máis de 500 euros, polo que foron detidos por un suposto delito de furto.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...