InicioSucesosFalece unha muller de Redondela nun accidente na A-52 nas Neves

Falece unha muller de Redondela nun accidente na A-52 nas Neves

Unha muller de 34 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na madrugada deste venres ao saírse de vía o vehículo que conducía no termo municipal As Neves (Pontevedra).

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 34 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na madrugada deste venres ao saírse de vía o vehículo que conducía no termo municipal As Neves (Pontevedra).

O sinistro tivo lugar sobre as 2,45 horas deste venres no quilómetro 287,100 da autovía A-52 no municipio das Neves ao saírse da vía un turismo, un Peugeot 205 Generation, pola marxe dereita, informou a Guardia Civil de Tráfico.

Neste accidente resultou falecida a condutora e única ocupante do turismo, R.F.E., de 34 anos de idade e veciña da parroquia de Chapela, do municipio pontevedrés de Redondela. Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Ponteareas para atender á doente, que faleceu no punto.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...