InicioInvestigada en Cangas por facerse pasar por xordomuda para recoller firmas e...

Investigada en Cangas por facerse pasar por xordomuda para recoller firmas e donativos

Os donativos ían entre tres e dez euros por persoa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha cidadá de nacionalidade romanesa está a ser investigada pola Garda Civil como presunta autora dun delito de estafa ao facerse pasar por xordomuda e aproveitarse da vontade da xente para recadar firmas e donativos en Cangas.

Segundo informou Garda Civil, os feitos sucederon o pasado martes por mor dunha alerta cidadá. A muller, de 40 anos, foi sorprendida pedindo diñeiro para unha falsa asociación de persoas xordomudas, así como para nenos pobres. Axentes da Garda Civil de Cangas desprazáronse ao lugar dos feitos e localizaron á persoa na terraza dun céntrico bar da localidade recollendo firmas a través dunha tablilla ríxida que portaba un folio membretado co nome en español e inglés dunha asociación, así como donativos en efectivo.

Os donativos, indicou a Garda Civil, roldaban entre o tres e os 10 euros por persoa. As dilixencias e os efectos intervidos foron entregados no Xulgado de Instrución de garda de Cangas. A muller conta xa cun amplo historial delituoso e con máis dun centenar de actuacións por este tipo de estafas.

ÚLTIMAS

Buscan a unha muller de 44 anos de idade desaparecida en Vigo desde este domingo

SOS Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...