InicioTrasladan a un veciño de Cangas ao centro de saúde por queimaduras...

Trasladan a un veciño de Cangas ao centro de saúde por queimaduras nas mans tras un incendio na súa cociña

Foi o mesmo propietario da vivenda da rúa de Longán quen alertou á central de emerxencias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Cangas (Pontevedra) tivo que ser trasladado ao centro de saúde do municipio ao ser ferido con queimaduras nas mans despois de que se lle incendiase a cociña. Segundo informa o 112, foi o mesmo propietario desta vivenda da rúa de Longán quen alertou á central de emerxencias, ao redor das 15,30 horas da tarde. Na súa chamada, o cangués indicaba que lle ardía cocíña pero que non había feridos.

Seguidamente, os xestores do 112 puxeron en alerta á Policía Local, a Protección Civil e aos bombeiros do Morrazo, que indicaron que non foi precisa a súa intervención. Tamén foron informados os bombeiros de Vigo. Os profesionais de extinción constataron que neste incidente soamente ardeu a campá extractora, tras o cal deron por finalizado o servizo.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...