InicioVigo e contornaRedondelaSuspendidas as clases no IES Mendiño tras a morte de tres estudantes...

Suspendidas as clases no IES Mendiño tras a morte de tres estudantes deste centro no accidente de Teis

PUBLICADO O

- Advertisement -

O IES Mendiño de Redondela decidiu suspender as clases este xoves e venres tras a tráxica morte de tres novos, estudantes do centro, nun accidente de tráfico este mércores, na autoestrada AP-9 á altura da parroquia viguesa de Teis.

O centro decidiu mandar aos alumnos a clase e suspender aulas este venres, aínda que o instituto permanecerá aberto para todos aqueles estudantes que desexen acudir. “Son días tristes para toda a comunidade do IES Mendiño, todo noso máis sincero apoio ás familias”, trasladaban este xoves a través das redes sociais.

O tráxico suceso provocou unha conmoción na comunidade, con numerosas mostras de agarimo e condolencias de responsables políticos, sociais e outros centros. Un deles, o IES Pedro Floriani, protagonizou un minuto de silencio ás 12.00 horas nas instalacións do centro, e o equipo ha desexando “a pronta recuperación dos feridos”.

O sinistro ocorreu pasadas as 21,00 horas na AP-9 á altura da Raqueta de Torres de Padín, en dirección a Vigo. Un turismo ocupado por cinco mozos saíuse da vía e, tras chocar contra un poste dun viaduto e contra o gardarraíl, acabou envorcando.

Como consecuencia do impacto, faleceron tres ocupantes do coche, dúas mozas e un mozo de entre 17 e 18 anos de idade. A moza saíu despedida do vehículo, mentres que os outros dous falecidos tiveron que ser excarcerados polos bombeiros. Por outra banda, o condutor do coche, M.M.V., de 18 anos de idade, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao hospital Álvaro Cunqueiro, e o copiloto foi evacuado ao centro hospitalario Vithas Nosa Señora de Fátima da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...