InicioVigo e contornaRedondelaContinúa a busca do pontevedrés desaparecido na ponte de Rande

Continúa a busca do pontevedrés desaparecido na ponte de Rande

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Marítimo e o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil continúan a procura na ría de Vigo do home veciño de Pontevedra cuxo vehículo se atopou acendido e aparcado na ponte de Rande na madrugada deste domingo.

Segundo informou a Garda Civil de Pontevedra, tamén se solicitou a colaboración do GEAS para este martes e este mércores.

Os servizos de emerxencia recibiran varias chamadas mediante as que se alertou de que había un coche aparcado na ponte sen condutor no seu interior o pasado domingo sobre as 3,00 horas.

Por este motivo, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou disto a Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia, así como á Garda Civil e á Policía Nacional.

Así, durante a mañá deste domingo, un helicóptero rastrexou a zona, a pesar de que ao mediodía cesou o seu labor, sen atopar á devandita persoa.

ÚLTIMAS

Vigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras

O pleno de Vigo aprobou, cos votos a favor dos socialistas e a abstención...

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...