InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por tentar asfixiar á súa parella

Detido un veciño de Vigo por tentar asfixiar á súa parella

Outro home acusado de violencia de xénero foi detido cando tentaba ocultarse da Policía.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, W.F.M.B., natural de Ecuador, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella, á que tentou asfixiar.

Segundo informou a Policía, os feitos tiveron lugar o pasado domingo ao mediodía, cando o 092 recibiu un aviso por un presunto episodio de violencia de xénero nun domicilio da rúa Ecuador. Cando chegaron á vivenda, o fillo da vítima explicoulles que a súa nai acababa de ser agredida pola súa parella sentimental, que el se interpuxo entre ambos para defender á muller e que, no forcexeo, o home producíralle unha contusión no beizo.

Pola súa banda, a muller confirmou que a súa parella chegara a casa ebrio e que, sen mediar palabra, agarrouna das bonecas e do pescozo, apertándoo “coa intención de asfixiala”. O fillo facilitou unha descrición do sospeitoso, que foi localizado pouco despois e detido.

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén detivo a outro home, J.L.P.L., sobre o que pesaba unha orde de personación emitida polo xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo. Este home foi interceptado cando, ao ver pasar a unha dotación policial, tentaba ocultarse detrás dunhas matogueiras na zona de Samil.

ÚLTIMAS

Multa de 98.500 euros á Comunidade de Montes de Cabral por danos no hábitat

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural multou con 98.500 euros á Comunidade de Montes...

Acepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo

Un home acusado de violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo...

URAX Space galardoada nos Premios Emprende XXI como a empresa start-up con maior potencial de Galicia

A 'start-up' (empresa emerxente) UARX Space foi recoñecida nos Premios Emprende XXI como a...

As Anpas de Vigo piden máis limpeza en colexios e o Concello acusa ao BNG de estar detrás das protestas

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo...