InicioSucesosDetido un vigués con 56 antecedentes por cravar un coitelo nun brazo...

Detido un vigués con 56 antecedentes por cravar un coitelo nun brazo ao seu compañeiro de piso

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 58 anos de idade, como presunto autor dun delito de lesións, por cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na mañá deste xoves, cando o 091 recibiu un aviso pola presenza dun home que estaba sentado nun portal da rúa Colombia, sangrando de forma abundante por un brazo.

Unha dotación desprazouse ao lugar e asistiu ao ferido ata a chegada dunha ambulancia. O home relatou aos axentes que acababa de manter unha discusión co seu compañeiro de piso e que este lle cravou no brazo un coitelo de cociña.

A Policía localizou o presunto autor dos feitos na vivenda que compartía coa vítima e, tras identificalo, procedeu á súa detención.

Unha vez en comisaría comprobouse que o detido ten 56 antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de Instrución de garda.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...