InicioSucesosDeteñen en Vigo a unha muller cunha orde de ingreso en prisión...

Deteñen en Vigo a unha muller cunha orde de ingreso en prisión e que foi identificada nunha pelexa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detivo a unha muller de 41 anos de idade, C.P.C., sobre a que pesaba unha orde xudicial de detención e ingreso en prisión, e que foi identificada durante unha intervención policial nunha pelexa.

Os feitos ocorreron na madrugada deste venres na rúa Travesía de Vigo, onde acudiu unha dotación do 092 alertada por unha pelexa na vía pública. Ao chegar ao lugar, os axentes comprobaron que había catro persoas discutindo acaloradamente. O motivo era que unha delas, anterior inquilino dunha habitación alugada nun piso, reprochaba ao novo ocupante desa habitación que se quedou con obxectos da súa propiedade.

Ademais desas diferenzas, os implicados na discusión recoñeceron que manteñen un enfrontamento por rifas anteriores, e expresaron a súa intención de denunciarse mutuamente.

Cando a Policía procedeu a tomar os datos e identificar as persoas que estaban alí presentes, comprobou que unha delas, unha muller, tiña unha orde xudicial pendente. Tratábase dunha orde emitida polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo, para a súa procura, detención e ingreso en prisión.

Por outra banda, os axentes comprobaron que o dono do piso que alugaba as habitacións tampouco dispuña de permiso para dedicarse a esta actividade, polo que se tramitou denuncia administrativa respecto diso.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...