InicioSucesosCondenado a seis anos de prisión por violar e lesionar a unha...

Condenado a seis anos de prisión por violar e lesionar a unha moza á saída dunha discoteca de Tui

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un mozo a seis anos de prisión por un delito de agresión sexual e outro leve de lesións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un mozo a seis anos de prisión por un delito de agresión sexual e outro leve de lesións. O acusado, coas iniciais A.S.M., recoñeceu que violou á súa vítima no exterior dunha discoteca de Tui e aceptou a condena despois de chegar as partes a un acordo de conformidade que evitou a celebración da vista oral.

A Fiscalía solicitaba inicialmente unha pena de 14 anos de prisión que reduciu a seis anos de cárcere e outro dez anos de afastamento así como unha multa polo delito de lesións. O representante do Ministerio Público tamén retirou unha circunstancia agravante de abuso de superioridade por ascendencia.

Os feitos, que agora se declaran probados, tiveron lugar na madrugada do 4 de decembro de 2016.

Segundo consta no escrito de acusación da Fiscalía, aproveitando que a moza “estaba baixo a influencia do alcol” e algo “mareada”, o acusado suxeitou dun brazo á moza e tirou dela ata levala a un caleixón próximo a unha discoteca onde a empuxou tirándoa ao chan e aproveitándose do seu estado e da súa “curta idade”, rompeulle a roupa, tapoulle a boca e violouna.

A muller sufriu lesións en diversas partes do corpo. O acusado xa ten prohibido achegarse a menos de 500 metros á nova, ao seu domicilio, centro de estudos ou a calquera outro lugar no que se atope e comunicarse con ela por calquera medio. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...