Un home de 62 anos, B.P.D., veciño de Mondariz, faleceu e outro de 54 anos resultou ferido nunha colisión frontal entre dous vehículos en Ponteareas (Pontevedra), ocorrida ao redor das dúas da madrugada deste domingo.
O accidente produciuse na nacional 120, á altura de Oliveira. O choque deixou atrapados os dous ocupantes dos vehículos, segundo informaron os bombeiros de Ponteareas, que se tiveron que se desprazar ao lugar.
Tanto o falecido como o ferido tiveron que ser excarcerados, aínda que inicialmente, a chamada recibida polo 112 Galicia, por parte dun particular, só alertaba de que había unha persoa inconsciente e atrapada no interior dun dos coches.
O home que resultou ferido, veciño de Ponteareas, tivo que ser evacuado polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias ao presentar lesións de consideración. Os servizos de emerxencias contaron ademais co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.