InicioSucesosArden uns 60 metros cadrados de chatarra nunha empresa de construción en...

Arden uns 60 metros cadrados de chatarra nunha empresa de construción en Tomiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns 60 metros cadrados, ademais de diversos ferros metálicos e doutros materiais almacenados nun depósito no recinto exterior dunha nave, arderon “sen causar ningún tipo de dano persoal nin ambiental” no concello pontevedrés de Tomiño.

Así o informou o 112 Galicia, que concretou que foron axentes da Garda Civil os que confirmaron o sucedido unha vez finalizadas os labores de extinción.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio sobre as 19,30 horas deste xoves cando axentes da Garda Civil indicaron que foran alertados por unha muller dun incendio preto dunha nave en Figueiró.

Segundo o relato dos axentes, a muller sinaloulles que descoñecía o que ardía, pero que escoitaba moitas explosións. Tras o aviso, o 112 activou un operativo formado polos Bombeiros de Baixo Miño, GES da Guarda, Policía Local, ademais dos axentes da Garda Civil.

Tamén, se puxo en alerta aos servizos sanitarios de urxencia e aos Bombeiros de Vigo, por se fose necesaria nalgún momento a súa intervención, así como, tamén se informou ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Os medios de extinción, tras sufocar as chamas, removeron e limpar a zona, deron por finalizada a súa intervención.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...