InicioSucesosDúas persoas caen por un barranco de dez metros desde unha estrada...

Dúas persoas caen por un barranco de dez metros desde unha estrada do Rosal

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés do Rosal, tras caer o coche no que viaxaban por un barranco duns 10 metros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés do Rosal, tras caer o coche no que viaxaban por un barranco duns 10 metros.

Segundo explicou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 14,45 horas deste venres na estrada que une San Xiao con Portocelo.

Ata a zona desprazáronse efectivos do GES da Guarda, dos Bombeiros de Baixo Miño, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil. O persoal de urxencias axudou aos feridos a chegar á ambulancia do 061, que os trasladou a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...