InicioSucesosUn coche sae da vía en Vigo e unha persoa queda atrapada...

Un coche sae da vía en Vigo e unha persoa queda atrapada no interior

Os bombeiros tiveron que excarcerar a vítima tras o vehículo impactar contra a mediana na rúa Arquitecto Antonio Palacios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser excarcerada na mañá deste martes en Vigo despois de que o vehículo no que viaxaba saíse da vía e impactase contra a mediana na rúa Arquitecto Antonio Palacios. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron poucos minutos despois das 12.30 horas. Foron varios os particulares que alertaron do accidente e advertiron de que podía haber persoas atrapadas no interior do vehículo.

Unha vez no lugar, os bombeiros de Vigo confirmaron que había unha persoa dentro do coche que non podía saír polos seus propios medios, polo que iniciaron as correspondentes tarefas de excarceración. No operativo participaron tamén os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local de Vigo.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...