InicioSucesosDetidas varias persoas por venda de droga en distintos puntos de Vigo

Detidas varias persoas por venda de droga en distintos puntos de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron esta semana a varias persoas, en diversas actuacións contra o ‘menudeo’ de drogas. Así, o pasado luns, axentes da Unidade de Prevención e Reacción detectaron na zona das Travesas a un home que acababa de realizar unha venda dunha papelina de droga. Ao interceptado, os axentes localizaron entre as súas pertenzas 200 euros en efectivos e duas papelinas de heroína, polo que procederon á súa detención por un suposto delito de tráfico de estupefacientes.

Esa mesma tarde, unha dotación do Grupo de Atención ao Cidadán (GAC) identificou na zona de O Castro a outro home que portaba oculto entre as súas roupas un envoltorio con máis de 9 gramos de cocaína. A sustancia foi intervida e o individuo quedou igualmente detido.

Ao día seguinte axentes do Grupo Operativo de Prevención da Delincuencia (GOPD) actuaron na zona de Balaídos, tras recibir informacións que apuntaban a que unha muller estaba vendendo sustancias estupefacientes na vía pública. Os policías localizaron a esta muller e observaron como realizaba unha transacción de droga co condutor dun vehículo que se detivo ao seu lado. Tras interceptar a ambos, comprobouse que o comprador adquirira un anaco de haxix, mentres que a muller portaba 160 euros en billetes fraccionados.

Durante a intervención, o fillo da detida presentouse no lugar en actitude violenta, increpando e empuxando aos axentes e negándose a identificarse, motivo polo cal tamén foi detido. Finalmente, o pasado mércores, tamén na zona de O Castro, a Policía detectou a un individuo nunha zona coñecido pola actividade de venda de drogas, e atopáronlle entre as súas roupas 2 gramos de cocaína, un gramo de cocaína en cristal, 2 gramos de cocaína rosa ou ‘tusi’, algo máis dun gramo de metanfetamina azul e 3,5 gramos de marihuana, ademais de máis de 600 euros en billetes fraccionados. O home foi detido como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...