InicioSucesosAparece morta á artista viguesa Seila Esencia, desaparecida desde o pasado 20...

Aparece morta á artista viguesa Seila Esencia, desaparecida desde o pasado 20 de abril

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional informou da aparición do corpo sen vida da cantante viguesa Seila Álvarez, coñecida como Seila Esencia, desaparecida desde o pasado 20 de abril. Segundo fontes policiais, o cadáver foi atopado na madrugada deste martes na contorna da vía verde da cidade olívica.

Engaden, ademais, que aparentemente non hai indicios de criminalidade na súa morte, aínda que será a autopsia a que determine as causas do falecemento. A muller tiña 39 anos e participaba activamente na vida musical e artística de Vigo; en 2015 tomou parte no talent show de TVE, Hit La Canción..

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...